Clasificación da enfermidade arterial periférica UI

0 comentarios comentarios

Clasificación da enfermidade arterial periférica UI

........

Inclúense neste capítulo aquelas úlceras relacionadas coa arteriopatía obstrutiva crónica nas súas fases avanzadas (isquemia crítica da extremidade) segundo a clasificación de Rutherford (graos 4, 5 ou 6) e a máis empregada no noso medio, a clasificación de La Fontaine (graos III e IV).

Establécense diversos estadios en relación coa clínica (de menor a maior gravidade) e estes correspóndense con achados exploratorios característicos en canto a presións de perfusión, medidas en mm de Hg no nocello e dixitais.

Nos estadios de isquemia crítica, a presión de perfusión en nocello será inferior a 50 mm e, no caso de pacientes con calcificación arterial en que o ITB non é valorable, débese considerar a presión dixital sempre que sexa posible.
 
Estadio de la Fontaine galego.JPG
Correspondencia entre clasificacións de Rutherford e La Fontaine


 

 



 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde